Non cansarei de reiterar que unha nación non é un territorio, que incluso
é un ingrediente prescindíbel para que exista unha realidade sociopolítica
definíbel como nación. Elucidouno Otto Bauer hai cen anos: o territorio
é un elemento básico para a existencia dun Estado, non dunha nación.
Organizar o territorio do Estado –analxésico para a dór de moas “autoanémica”–
non serve para artellar fontes de poder soberano dun Estado
plurinacional. O proprio rótulo do Título VIII constitucional delata aos
constituíntes españois. Por aí nunca terá solución o problema político da
Galiza –nen de calquer outra comunidade nacional con aspiración a autogobernarse.
Nen na Penínsua malchamada ibérica, nen na Europa unida
ou desunida, nen en ningún recanto do Planeta Terra. Pondal escribira:
“a luz virá para a caduca Iberia dos fi llos de Breogán”. Non contaba coa
incurábel cegueira política celtíbera –análoga, por certo, á das persoaxes
da xenial novela do Saramago. “Non nos entenden, non”: esa frase pondalián
si que segue a ser un certeiro veredicto. Infortunadamente
Xosé Manuel Beiras
Sunday, March 25, 2018
O PROXECTO COMÚN DA NACIÓN GALEGA .pdf descargar Xosé Manuel Beiras
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment
Note: Only a member of this blog may post a comment.